Política
O conselleiro pide "tolerancia" co xefe da inspección educativa denunciado pola CIG polos seus artigos "ultras"
Román Rodríguez apela a "respectar a quen pensa diferente" pero pedirá explicacións a Enrique Prado, subdirector xeral a quen o sindicato atribúe a orde de "neutralidade" nas aulas e crítico co "nacionalismo fascista do BNG e o nacionalsocialismo do PSdeG"
A CIG pide cesar o xefe da inspección educativa por escribir contra as autonomías, a esquerda ou a "clase ociosa" do profesorado
O sindicato divulga artigos de Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e a quen atribúen a polémica orde de "neutralidade" nas aulas, nos que carga contra "o nacionalismo fascista do BNG e o nacionalsocialismo do PSdeG"
Sanidade privatiza parte da xestión das historias clínicas malia ter 413 técnicos en listas de contratación
A área sanitaria de Lugo ábrese con este contrato, duns 195.000 euros, a que unha empresa privada acceda desde fóra da rede informática do Sergas aos historiais dos pacientes
O Supremo condena os Franco a devolver as esculturas do Mestre Mateo ao Concello de Santiago
O alto tribunal sentencia que a Audiencia de Madrid incorreu nun "erro patente na valoración da proba" ao concluír que o concello compostelán non identificou "adecuadamente" as pezas que reclamaba. As esculturas en poder dos Franco son as mesmas, "sen posibilidade de dúbida". As esculturas foron mercadas polo consistorio en 1948, o ditador e a súa esposa quedaron con elas nos anos 50 e o goberno local litiga para recuperalas dende 2017
"Velar" polo castelán, "dereito" á educación privada ou cambio climático "realista": os novos principios do PP de Feijóo
O relatorio político co que Feijóo vai actualizar o ideario do PP fixado por Rajoy en 2017 elude cuestións como o aborto, a prostitución ou a relixión e en lugar de eutanasia fala dun mellor sistema de coidados paliativos
- Entrevista | Anxo Quintana
- Política
"Non se falou suficiente da importancia do labor de goberno do BNG: foi excepcional"
"O sabor agre polo noso resultado virou en satisfacción polo cambio; o nacionalismo sempre se alegra máis polo beneficio do país que polo partidario", lembra sobre as eleccións do 19 de xuño de 2005 o daquela líder do Bloque, despois vicepresidente do Executivo galego de coalición co PSdeG tras o cal "Galiza deixou de ter goberno para ter unha especie de gran Deputación multiprovincial". Vinte anos despois, reflexiona, "o BNG non tocou teito" e "se se seguen a facer as cousas como se están a facer baixo a dirección de Ana Pontón, o crecemento do Bloque provocará a derrota do PP"
Vinte anos da vitoria que permitiu á esquerda gobernar Galicia
O 19 de xuño de 2005 PSdeG e BNG deron escorrentado o fatalismo nunha tensa noite electoral na que ao PP de Fraga, así e todo, as contas non lle deron por pouco ao manterse no 45% dos sufraxios. "Foi posible o que parecía imposible, Galicia non estaba chamada a permanecer apoiando maioritariamente ao PP", lembra Touriño, que salienta o "histórico" apoio obtido polo PSdeG daquela. "O resultado do BNG non foi óptimo, pero o sabor acedo quedou borrado por conseguir un obxectivo máis importante para o país, o necesario cambio de Goberno", evoca Quintana
Xa son tres as grandes concesións de bus da Xunta rescindidas por insuficientes
O Goberno galego, que presentara a gran reforma de liñas de 2020 como un "éxito", reformulará os contratos Lugo-Ferrol e Barbanza-Santiago tras facer o mesmo co A Coruña-Lugo, de novo en mans de Arriva tras melloralo con máis cartos públicos
Os sindicatos asinantes do pacto educativo levan a Xunta ao xulgado polo seu incumprimento
- 📺
- Política
O chalé da parella de Feijóo, 'premiado' cunha Bandeira Negra como exemplo de ocupación da costa
Ecoloxistas en Acción poñen o caso de Moaña como exemplo de "apropiación do espazo público marítimo-terrestre" no informe co que cada ano avalían o litoral de todo o Estado
2 feminicidios en 15 días, 4 intentos de asasinato nun mes: a Xunta non accede a crear un comité de crise
O BNG propón crear un comité de crise para "avaliar cada un dos casos de violencia machista máis recentes e revisar se algo fallou". O presidente da Xunta responde: "Seguiremos traballando con independencia de que haxa ou non que facer un comité de crise"