A Xunta difunde como propia a rebaixa do 50% nos buses interurbanos que financia na súa maioría o Estado
A bonificación do 30% dos bonos transporte será financiada polo Goberno central, tal e como establece o real decreto, malia que Rueda advirte de "propaganda". O Executivo galego aclara que podería suspender a súa achega adicional, ata a metade do importe, se considera "insuficiente" a asignación estatal.