Política
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Un mes de Rueda na presidencia: reconstrución do núcleo duro á espera da pugna con Pedro Sánchez
Á espera do primeiro encontro con Sánchez e das primeiras decisións que poidan permitir albiscar o seu selo alén da mera continuidade, Rueda desprega unha axenda pública que semella encamiñada a darse a coñecer. Polo momento, as reunións do Consello da Xunta co novo presidente á fronte céntranse en nomeamentos e en completar asuntos que xa tiñan a súa tramitación iniciada
A ruptura do pacto constitucional
Xoán Antón Pérez-Lema
A presión dunha canteira logra que un xulgado ordene 'borrar' e descatalogar un castro protexido pola Xunta
A xuíza aceptou o recurso dunha canteira para que retire o xacemento do PXOM de Mondoñedo argumentando que non é un ben catalogado pola Xunta, cando si o é. A compañía leva anos instando a desprotexer o espazo para evitar atrancos aos seus labores, denunciados en numerosas ocasións e que tamén afectan o Camiño de Santiago.
Rueda desbota "ningunha situación de risco" pola masificación do turismo tras asegurar a Xunta que o ignora
O presidente salienta a “magnífica situación” de Galicia ante o turismo ao tempo que o departamento competente encarga un estudo “urxente” pola ameaza de “morrer de éxito”
Competencia critica os obstáculos da Xunta para instalar paneis solares en vivendas por estar preto de estradas autonómicas
O órgano supervisor censura que a Axencia de Infraestruturas esixa unha autorización expresa e considere as instalacións de autoconsumo como obras máis importantes que cambiar un tellado
Tras a reordenación dos buses galegos, chega a estatal: novo conflito da Xunta co Ministerio con 2026 como obxectivo
O Goberno central tramita unha lei que limitará ás cidades as paradas das liñas de ámbito estatal para facelas máis áxiles, obrigando as autonomías a asumir os tráficos das vilas intermedias
O Concello de Lugo ten que investir un millón de euros en reparar eivas para abrir o auditorio que Feijóo inaugurou en 2016
O Concello recibiu o edificio en 2020, catro anos despois de que Feijóo inaugurase a obra contratada pola Xunta, cando "moitas das garantías xa estaban caducadas", resalta a alcaldesa. O estudio de arquitectura que avaliou os problemas do edificio detecta "problemas estruturais e deficiencias construtivas" ás que se engaden os efectos do prolongado peche
'Lugo quere tren': a campaña pola mellora dos servizos ferroviarios pon o foco na conexión directa con Santiago
O BNG entregou este martes no Ministerio de Transportes as sinaturas recollidas na campaña 'Lugo quere tren' , que reclama a posta en marcha da variante de Parga, a conexión coa zona norte da provincia e a conexión directa por ferrocarril entre Lugo e Compostela
A Xunta admite que non controla a sostibilidade do turismo en Galicia malia publicitalo como tal
“Non podemos actuar sobre o que non vemos”, di o Goberno galego, que encarga agora o seguimento do sector e un plan de acción argumentando que é “urxente” e “extremadamente necesario” ante a ameaza de “morrer de éxito”
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda, Pontón e Formoso inauguran a nova xeira política galega en senllas xuntanzas sen pactos
O presidente da Xunta centrou os seus primeiros encontros institucionais coa portavoz nacional do BNG e o secretario xeral do PSdeG na axenda de asuntos que prevé trasladar a Pedro Sánchez cando o reciba na Moncloa. A necesidade de inxectar máis fondos no Sergas, a comezar pola Atención Primaria, encabezou as reclamacións dos líderes da actual oposición
A Xunta é condenada por prohibir ás farmacias de Pontevedra vender medicamentos hospitalarios para uso en animais
O Goberno galego leva unha década sen desenvolver un decreto estatal que o regule e agora é condenada a facelo en seis meses polo prexuízo que a súa inacción está a ter no benestar dos animais e nos dereitos das persoas afectadas