- Crónica
- Política
Feijóo á procura dunha neveira
Sánchez afirma que abonda con ollar á "prensa conservadora" para saber o que vai facer Feijóo. Ten tamén a opción de botar man doutro guieiro: o sucedido en Galicia de 2006 a 2009, tal e como acredita a recente 'reciclaxe' do seu "contrato con Galicia". Aplicando o manual, a vicepresidenta Yolanda Díaz ou a ministra Irene Montero ben poden ser 'candidatas' para seren, proximamente, destinatarias de acusacións de "desbalde" e "súper-luxo" por parte do equipo do ex-presidente