Política
O Tribunal Superior oponse ao traslado da Deputación de Ourense a un edificio xudicial mentres converte a súa sede en balneario
A Sala de Goberno do TSXG cre que trasladar a Deputación ao edificio da Audiencia Provincial suporía "unha intromisión sobrevida en espazos destinados á actividade xudicial" e acorda por unanimidade opoñerse ao plan de Baltar porque inmobles coma estes deben "preservarse" para "visibilizar a separación de poderes"
O Constitucional rexeita o recurso da Xunta para que as concesións privadas de terreos públicos na costa duren máis de 75 anos
O tribunal desestima o recurso que presentou Feijóo e mantivo Rueda contra a lei estatal de cambio climático que o pasado ano restrinxiu o cómputo das prórrogas fronte ao desexo do PP de prolongar as ocupacións do litoral
- Documento Pola sanidade pública
- Política
A Xunta diagnostica ignorancia e "sobredemanda" da cidadanía na sanidade e aposta pola tecnoloxía e a xestión para mellorala
O Plan Estratéxico co que o Goberno galego pensa 2030 aposta no sanitario por mellorar a xestión para achegar a atención a cada doente e non fixa obxectivos de persoal senón de tempos, con reducións na especializada pero apenas na primaria
A Xunta cancela a axuda para alimentos que creou coa COVID mentres ve insuficientes as medidas de Sánchez contra a inflación
Rueda xustifica a supresión da denominada Tarxeta Básica de ata 300 euros mensuais por familia co argumento de que foi creada para unha “situación excepcional que agora mesmo non hai”
A transformación urbana de Pontevedra ecoa no Parlamento Europeo: "En 1999 era un almacén de coches"
Lores intervén en Estrasburgo nun panel sobre o futuro dos centro das cidades para expoñer o modelo pontevedrés, "executado con valentía política" para "poñer o peón na cima da pirámide e o vehículo privado, na base"
O PP volve sentar perfís de partido no consello da CRTVG mentres sostén con mandato indefinido o director xeral
Ambos aspirantes teñen actualmente postos na Consellería de Medio Ambiente. Antes traballaran en medios e ostentaran xefaturas de comunicación e gabinete co PP na Deputación de Lugo e na presidencia da Xunta con Feijóo, respectivamente. A elección require, segundo a lei e coa actual composición do Parlamento, o voto favorable de cando menos un dos grupos da oposición
- Crónica
- Política
Rueda retoma a estratexia de Feijóo de culpar a Sánchez e o bipartito de hai 13 anos na súa terceira sesión de control
Pontón aféalle que non defenda os intereses de Galicia ante o Goberno de España e o PSdeG que non amplíe o persoal da sanidade e mellore as súas condicións
A Xunta rexeita un plan estatal para garantir o uso público da costa sen coñecer as actuacións que incluirá
A estratexia para a protección da costa fronte ao cambio climático que elabora o ministerio céntrase na erosión e a inundación, cun apartado sobre a ocupación do litoral aínda non definido máis alá de apostar por un “programa de revisión” das concesións
Baltar desmárcase do argumentario da dirección do PP galego sobre o AVE: "Ourense é Galicia"
"Seguimos agardando a chegada do AVE a Galicia. O AVE chegou a Ourense, pero non chegou a Galicia", sostivo Prado, 'número dous' do PPdeG. "Eu considero que o AVE chegou a Galicia, ninguén pode dicir que non porque Ourense é Galicia", retruca o barón ourensán
Medallas Castelao para quen "fai patria cada día"
Rueda apela ao "galeguismo integrador" na súa primeira entrega das Medallas Castelao como presidente. Os galardóns homenaxearon a Camilo Nogueira, Javier Olleros, Javier Sánchez de Dios a coral coruñesa El Eco e o equipo feminino do Burela Fútbol Sala
A primeira sentenza contra a CRTVG por represalias a un traballador crítico xa é firme
A corporación non recorre ante o Supremo a sentenza do Superior que ratificou que sancionou o xornalista Carlos Jiménez en represalia por mobilizarse nos 'venres negros' contra a manipulación informativa.