O PPdeG equipara a Pedro Sánchez cunha enfermidade para pedir non votar ao PSdeG nas municipais
A 'número dous' dos populares galegos presenta os comicios do 28M como unha loita contra a "síndrome de Sánchez" e os votos ao PP como unha vacina para evitala. Mentres, o secretario xeral dos socialistas, Valentín González Formoso, chama a intensificar a "mobilización social" a prol da sanidade pública