Política
O BNG insta o Estado e á Xunta a trataren os restos de chapapote do Prestige que queden nas Somozas
O deputado Néstor Rego advirte no Congreso de que, segundo cálculos de Adega, quedan sen tratar unhas 10.000 toneladas de refugallos do chapapote mesturado con outros materiais. Na mesma xornada, Ana Pontón chama a manifestarse este domingo co Bloque fronte á crise de prezos e defende como "de sentido común" abordar "o descontrol de prezos" con medidas temporais como "IVE cero para os produtos básicos da cesta da compra"
A revisión ambiental do plan estatal para a eólica mariña reduce o tamaño das zonas previstas e a súa prioridade sobre outros usos
O documento, que debía estar aprobado hai ano e medio, muda as “zonas de uso prioritario” por “zonas de alto potencial” e terá que incluír novas garantías ambientais e proteccións sobre a pesca
O Sergas saca a concurso as cafeterías de dous hospitais tras sete anos perdoándolle o canon á anterior adxudicataria
Sanidade pasa de argumentar que non eran rendibles a estimar un beneficio antes de impostos duns 12.000 euros ao ano
Golpe de Feijóo ao Estado constitucional
Igualdade defende que a campaña do 25N "pasou o filtro dos galegos" e ve nas críticas un "insulto á intelixencia"
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta afirma que a campaña co lema "Non debería pasar, pero pasa" pasou "todos os controis habituais" e, a preguntas do PSdeG no Parlamento, replica que "é un insulto á intelixencia" sinalar "que ten outro obxectivo que non sexa a erradicación e prevención da violencia de xénero" e pide non trasladar á Cámara "polémicas de Twitter"
O Constitucional adía a votación para decidir se paraliza a reforma que pretende desbloquealo, como pide o PP
A formación de Feijóo solicitara como medida cautelarísima suspender a admisión das modificacións impulsadas polo Goberno do PSOE e UP malia estar a iniciativa en plena tramitación nas Cortes. Unidas Podemos solicitou a recusación dos dous maxistrados co mandato caducado nos postos que corresponde nomear ao Executivo por teren "interese directo" no asunto
- Documentos Pola sanidade pública
- Política
A condena á Xunta por non avaliar a tempo a sobrecarga do persoal médico de Atención Primaria axita a crise sanitaria
O TSXG condenou a Xunta a instancias do sindicato O'Mega por "vulnerar os dereitos" deste persoal médico ao "incumprir coas súas obrigas en materia de prevención de riscos laborais" e "valoración da carga de traballo". O conselleiro de Sanidade confirma que a Xunta valora recorrer a condena e esgrime que "xa se está a facer" a enquisa incluída no plan para aplicar novas medidas fronte a riscos psicosociais do persoal do Sergas, cuxo cronograma chega a finais de 2023
A ‘raia seca’ de Ourense e o Gerês impulsa a cuarta entidade oficial de cooperación Galicia-Portugal
O proxecto de cooperación transfronteiriza con personalidade xurídica e recoñecemento da UE quere sumarse á eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a eurocidade Chaves-Verín e a agrupación de municipios Rio Minho
"O sistema ferroviario español é dos máis seguros do mundo": o Estado presume de tecnoloxía no xuízo de Angrois
Tras o accidente diversos cargos políticos negaron que fose “de alta velocidade” porque perigaban contratos internacionais. Agora, a Avogacía do Estado que defende a Adif dedica dúas sesións a gabar a seguridade das liñas convencionais
O PP escíndese no gran feudo da dereita na montaña de Lugo
O que fora concelleiro de Cultura de Quiroga durante dúas décadas e ata o pasado outono, José Luis Rivera, anuncia a fundación dun partido independente para disputar en 2023 a alcaldía que ostenta o PP con amplas maiorías absolutas do mesmo alcalde, Julio Álvarez, dende os anos 80
Permiso de 8 semanas, renda crianza ou máis licenzas para coidar: o que xa sabemos da nova lei de familias
O permiso por accidente ou enfermidade de familiares amplíase de 2 a 5 días e esténdese a conviventes. Xunto a el, a lei crea un novo de 8 semanas para coidado de fillas e fillos ata oito anos e outro de catro días por "causa de forza maior" no ámbito familiar. A "renda de crianza" de 100 euros ao mes chegará á máis nais e as parellas de feito gozarán do permiso de 15 días ata agora limitado aos matrimonios