Rueda culpa a Sánchez da crise sanitaria e industrial de Galicia e fai cómplice ao BNG
Pontón di que a Xunta é “un problema para a saúde dos galegos” e Luis Álvarez lembra que ten as “competencias exclusivas” en materia industrial
Pontón di que a Xunta é “un problema para a saúde dos galegos” e Luis Álvarez lembra que ten as “competencias exclusivas” en materia industrial
O debate sobre introducir con emendas cuestións non contempladas no texto emendado, que levou agora o Constitucional a bloquear as Cortes a petición do PP, foi resolto en sentido contrario hai tres anos tras un recurso do PSdeG contra o Parlamento de Galicia
O Goberno galego argumenta o “estado de opinión” para lanzar a lei coa que quere xestionar a ocupación privada da costa e confrontar co Goberno de España
A maioría conservadora do Tribunal Constitucional paraliza a votación das emendas para a súa propia renovación con seis votos fronte a cinco pasadas as dez da noite despois de non apartar aos dous maxistrados con mandato caducado que pedían recusar Unidas Podemos e PSOE
As enquisas apuntan a que os medres do PP nas municipais de 2023 chegarían sobre todo pola desaparición de C's nos concellos onde logrou representación en 2019. Crecen, pero volven quedar sen ninguén con quen pactar
A Consellería de Infraestruturas nin atendeu advertencias previas sobre o estado dun noiro que acabou desprendéndose nin respondeu a reclamación administrativa que formulou a afectada, á que obrigou a recorrer á xustiza
Unha manifestación convocada pola formación nacionalista demanda en Compostela unha "saída xusta e galega" á actual situación de encarecemento da vida, que Pontón cualifica de "estafa á maioría social". O Bloque esixe tamén mellorar a "rede de protección social" e "blindar" a sanidade e todos os servizos públicos
No actual cuestionamento da lexitimidade da presidencia de Pedro Sánchez ecoa tamén a estratexia de oposición de Feijóo en Galicia fronte ao Goberno de PSdeG e BNG. "Anda colgado por todas as farolas dicindo que é o presidente (...) Para ser presidente requírese gañar limpamente as eleccións e vostede nunca gañou unhas eleccións", afirmara Feijóo sobre Touriño cando o socialista levaba máis de tres anos na presidencia
O PP agarrouse ao mantemento dos seus resultados na Costa da Morte para expoñer que a cidadanía avalara a súa xestión da catástrofe, pero Galicia estaba a vivir un cambio de ciclo que se confirmou dous anos despois. Os populares baixaron catro puntos no país e perderon parte do seu poder municipal, mentres que no resto do Estado mantiveron o apoio acadado catro anos antes.
O PSdeG celebrou este sábado o seu Comité Nacional Galego, o principal órgano entre congresos da formación. O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, chamou a "dalo todo" nos comicios locais e fixo tamén fincapé na importancia das eleccións ao Parlamento galego: “aspiramos ao máximo nas autonómicas para representar ao pobo ao que lle debemos todo”.
O Parlamento Europeo, que agora debe negociar coa Comisión e o Consello, tomba unha emenda do PP para facilitar proxectos en espazos protexidos e aproba outra apoiada polos eurodeputados de PSdeG e BNG para garantir participación cidadá