Alfonso Rueda xura sobre o Estatuto o seu cargo como presidente da Xunta
No discurso de toma de posesión, o novo mandatario do Goberno galego apelou á "normalidade excepcional" do país.
No discurso de toma de posesión, o novo mandatario do Goberno galego apelou á "normalidade excepcional" do país.
“Non imos perder moito tempo nun problema orgánico dun partido”, dicía o xa ex-presidente o 17 de febreiro, cando se puxo do lado de Ayuso fronte a Casado e iniciou a súa marcha da Xunta
O director xeral da CRTVG xa sobreviviu politicamente a quen o designou hai 13 anos, Feijóo, cando aínda estaba vixente a lei de 1984 que permitía elixilo directamente dende o Goberno galego. "A lei está para cumprila", lembra o persoal mobilizado a Rueda en vésperas de que o Parlamento teña que votar tamén a substitución do representante do PP que dimitiu no Consello de Administración dos medios públicos
O Goberno galego publicitou a elaboración do estudo polo Colexio de Xeólogos e presentouno como exemplo da súa “aposta por unha minaría sostible”, pero considérao confidencial ata que ela mesma deseñe unha estratexia para o sector
A maioría absoluta do PP inviste o ata agora vicepresidente como substituto de Alberto Núñez Feijóo na xefatura do Goberno galego. O que agora vén, sinala o novo titular da Xunta, non vai ser unha "ruptura", senón "continuidade da boa" a respecto dos mandatos do xa ex-presidente, a quen "non vai deixar de reivindicar"
A líder do BNG formula o seu discurso ante a investidura de Rueda como unha caste de primeira volta previa á disxuntiva electoral entre os modelos do PP e do Bloque e dedica a maior parte da súa intervención a expoñer as liñas mestras do programa de goberno da formación soberanista
“Galicia xa non pode esperar a que vostede aprenda”, di o portavoz socialista, Luis Álvarez, nunha réplica na que fixa as prioridades do seu partido na transformación de recursos galegos como o leite, a madeira ou a pesca e no impulso da biotecnoloxía
"Non cabe reputar minimamente xustificada a perpetración de delito en relación coas supostas doazóns" do grupo Véndex que a sancionada xuíza De Lara atribuíu a cargos locais de PP, PSdeG e BNG en 2011, conclúe a maxistrada agora encargada desta peza do caso Pokémon, quen subliña que ata 2015 non existía como tal o delito de financiamento ilegal dos partidos
O popular defende o seu dereito a ser senador por designación do Parlamento de Galicia lembrando que o PP apoiou propostas similares de PSdeG e BNG pero obvia que no segundo caso implicou non votar a elección de Manuel Fraga
Rueda esforzouse en facer ver que un episodio inédito da historia da autonomía non é un suceso que vaia moi alén dun trámite. O maior punto de tensión política chegou, posiblemente, no fragmento máis normal, no sentido de habitual, que tivo todo o discurso: o dedicado ás críticas a Pedro Sánchez
O líder do PSdeG pide “que o modelo económico de Galicia teña algo máis que o Camiño de Santiago”