O Bloque celebrará o 7 de novembro a súa asemblea nacional co obxectivo de situarse como "alternativa real" ao PP
O BNG busca "recuperar o 100% da actividade organizativa" logo do peor da pandemia para "fortalecer" o partido.
O BNG busca "recuperar o 100% da actividade organizativa" logo do peor da pandemia para "fortalecer" o partido.
Os xardíns do Pazo abrirán á cidadanía o vindeiro xoves 1 de xullo tras o acto solemne deste sábado, onde a vicepresidenta do Goberno de España, Carmen Calvo, advirte que "queda moito traballo por facer" nas Torres e agradece o traballo das entidades pola memoria histórica, que piden "menos fotos e máis feitos".
Educación pedía ás empresas interesadas, dun xeito que o tribunal de contratación considera confuso, unha base fixa operativa preto das liñas a realizar, pero agora só deben comprometerse a tela se gañan o contrato
A socialista Lara Méndez é alcaldesa de Lugo dende hai seis anos. Tras dous anos á fronte dun goberno de coalición co BNG, asegura facer un “balance tremendamente útil” do labor do seu gabinete nun bienio irremediablemente marcado pola pandemia. A COVID-19, evidencia, fixo preciso adaptar e tomar medidas de urxencia, pero non obrigou, asegura, a mudar a “folla de ruta” dos grandes obxectivos do goberno local, baseados na “sostibilidade” e nas “oportunidades” económicas para a veciñanza, pero tamén máis “amable” urbanisticamente e na mobilidade.
Os populares racharan a coalición que constituíran con DO a cambio de manter a Baltar na Deputación esgrimindo as acusacións de irregularidades contra o alcalde de membros do seu propio partido, que quedaron arquivadas o pasado xaneiro. Segundo o anunciado por Jácome, que reclamou diversos investimentos da Xunta para recompoñer o acordo, o PP asumirá sete concellarías no novo bipartito, pero a Xunta de Goberno será paritaria, con tres membros de cada partido
O groso da lei de eutanasia entra en vigor este 25 de xuño, pero o artigo que estipula a creación dunha Comisión de Garantía e Avaliación para aplicala en cada comunidade autónoma leva tres meses vixente. Feijóo di "entender" que a Comisión estará "en vigor para que se poida responder ás primeiras solicitudes" de eutanasia que reciba o Sergas e confronta a nova lei coa que regula en Galicia dende 2015 os coidados paliativos, a sedación e outros procedementos para persoas enfermas terminais
O sector ferroviario do sindicato propón que un novo nó ao sur do Porriño una os trens da saída sur de Vigo e da nova liña que planifica Portugal para dirixilos a Ourense a través dunha nova infraestrutura de 76 quilómetros que cuantifica en 1.600 millóns
Sindicatos, docentes e anpas piden que se renoven os contratos dos docentes incorporados para reforzar o ensino durante a pandemia, que permitiu desdobrar aulas e baixar os ratios. A Consellería de Educación advirte de que a medida foi excepcional.
Catedrático de Economía Aplicada e Facenda Pública ex-conselleiro do Consello de Contas, faleceu aos 79 anos anos na localidade da que foi rexedor polo PCG entre 1979 e 1981.
O presidente acusa ao PSdeG de poñer en risco a sanidade e a educación por pedir máis fondos da Xunta para os concellos
Fronte á previsión de abrir máis vías para facilitar as tallas, o departamento ambiental da Xunta considera que “a densidade actual de pistas en todo o territorio xa é suficiente e incluso excesiva” e pide máis “ambición” na redución de eucaliptos