Política
- Análise Memoria antifranquista
- Política
Meirás, entre a "inadmisible" indemnización aos Franco e a renuncia do Estado a litigar no Supremo
Sada, Deputación da Coruña e diferentes formacións políticas reclaman ao Goberno central que recorra o ditame da Audiencia Provincial que asume algúns argumentos dos herdeiros do ditador, pero o Executivo renuncia a unha batalla xudicial máis: "O máis importante de todo é que as Torres pertencen ao Estado".
Trinta xoves de mobilizacións contra unha década de recortes "temporais" ao persoal das residencias públicas
A negativa da conselleira de Política Social a sequera reunirse para negociar o remate de medidas presentadas en 2012 como transitorias leva ao colectivo a reclamar a intervención da Valedora do Pobo
A Xunta fai responsable a Pedro Sánchez se non pode usar fondos europeos pola crise da COVID para unha estrada
O Goberno galego pide “apoio” fronte ao Goberno de España para mellorar a actual AC-406 Santiago-Santa Comba a empresarios que durante anos reclamaron unha autovía autonómica nese mesmo treito
Nova condena á Xunta por despedir unha traballadora como represalia por reclamar os seus dereitos
O Goberno galego mantivo cinco anos como autónoma e bolseira a unha muller á que advertiu que cesaría se pedía que a fixesen indefinida, como así sucedeu. Agora, o Tribunal Superior ampáraa
Meirás racha o silencio sobre o vínculo franquista de Barrié de la Maza, que xa perde honras en Galicia
Sada borra do rueiro e retira honras ao empresario polo seu papel clave "no espolio do Pazo e a Casa Cornide", unha iniciativa que debate tamén A Coruña sobre un persoeiro clave no desenvolvemento industrial en Galicia pero ligado sempre ao ditador e ao réxime.
Feijóo pide "reflexión" no PP tras o pau nas eleccións catalás, cuxa participación cuestiona malia ser semellante á das galegas
Feijóo di considerar que Casado é "tan responsable do resultado catalán como o foi o presidente Sánchez" no que denomina "descalabro" do PSdeG o 12X, aínda que os socialistas galegos non perderan representación e aumentaran 1,5 puntos o seu resultado. Unha vez incorporado o voto CERA, a participación nas eleccións galegas de 2020 quedou no 48,9%. Nas catalás tamén roldará o 50% unha vez sumado o sufraxio exterior
O independentismo acada o 51% dos votos
Xoán Antón Pérez-Lema
O independentismo alarga a maioría en Catalunya co PSC como forza máis votada
O soberanismo supera o 50% dos votos e suma 4 escanos máis nuns comicios nos que os socialistas son primeira forza co mesmo número de escanos (33) que ERC e un máis que JxCAT. A ultradereita de Vox irrompe con 11 escanos e obtén máis do dobre de votos que o PP; Ciudadanos sofre unha desfeita e perde 30 escanos. O bloque independentista contaría con 74 escanos para unha eventual investidura, os mesmos que sumarían os socialistas con Esquerra e En Comú.
A reforma do 'voto emigrante' promovida por PSOE e Podemos suprime o sufraxio rogado e mantén a obriga de anexar o DNI
A modificación da lei electoral xa rexistrada no Congreso por socialistas e UP prevé remitir de oficio a documentación a todas as persoas do CERA, que descarguen as papeletas de internet e as remitan cunha copia do carné. Inclúe unha depuración do censo para eliminar a inscrición de persoas falecidas e persegue aumentar a participación dun colectivo que, no caso de Galicia, xa se achega ao medio millón de persoas
Machado tiña razón? A polarización que pode acabar coa democracia
Francisco J. Leira Castiñeira
O BNG propón mobilizar máis de 14.000 millóns das axudas europeas para "saír da crise por unha porta nova"
O plan do Bloque aposta por un futuro máis "sustentable, social e feminista" e baséase na transición ecolóxica e ambiental e tecnolóxica e dixital, a economía verde, os coidados ou a igualdade.