Política
O Estado require a Audasa melloras na seguridade por 3,4 millóns, o 10% dos seus beneficios no ano da pandemia
O ministerio asegura que a AP-9 está “entre os traxectos máis seguros, tendencia que se mantén nos últimos 17 anos”, período no que a concesionaria recibiu varias condenas tras tentar culpar de sinistros aos condutores
Falece Isaura Abelairas, deputada e veterana concelleira do PSdeG en Vigo
O Concello de Vigo decreta loito oficial por unha histórica socialista que tiña cancro desde hai catro anos. Mestra de profesión, o seu partido despídea como "gran amiga e compañeira, sempre socialista e feminista, optimista e loitadora ata o último momento"
Feijóo demora as súas promesas de ampliar o concepto de familia numerosa e rebaixarlles as peaxes
O compromiso electoral de ter en conta certas familias con menos de tres fillos queda condicionado a que o orzamento da Xunta poida asumilo, mentres que nas autoestradas aínda se está a ultimar o sistema 20 meses despois de anuncialo o presidente
Indultos? Non, amnistía
Xoán Antón Pérez-Lema
- Documento Rendas sociais
- Política
"Ten vostede un cobro indebido": así reclama a Xunta miles de euros da Risga a persoas sen recursos co IMV concedido
As cartas nas que Política Social reclama a persoas perceptoras da Risga as mensualidades cobradas mentres agardaban polo Ingreso Mínimo notifican débedas superiores aos 4.000 euros que deben ingresar nunha conta bancaria. Aínda que a Xunta culpa o Goberno de España do "mal trago", as propias cartas evidencian que a única causa da incompatibilidade é a lei de inclusión de Galicia
Non só o río Eume: as Fragas non terán plan reitor ata 2022, unha década despois do gran incendio
A Xunta leva 20 anos sen cumprir a lei galega de 2001 que a obriga a planificar o uso e xestión do espazo protexido mentres acusa a Endesa de non querer aprobar as normas de explotación do seu encoro
O referendo é a solución
Silvio Falcón
A Xunta evita aclarar ao Parlamento que residencias privadas atenden a persoas adultas ás que tutela
Política Social limítase a responder ao BNG que a Fundación para a Tutela de Persoas Adultas, dependente do Goberno galego, "procura os recursos residenciais máis adaptados" sen "preferencia por ningún tipo de empresa ou entidade". Nos últimos anos, que a Funga recorrese a prazas en residencias privadas xerou unha avultada débeda da que a Consellería xa pagou cando menos 1,8 millóns de euros
Educación nega ter datos dos novos casos de COVID en cada centro tras desviarlle Sanidade a responsabilidade
As dúas consellerías admiten oficialmente carecer de información sobre os novos positivos que van afectando ao ensino. Sanidade respondera previamente que a competencia para informar dos novos casos é do órgano "que posúa a información, que consideramos é Educación"
Pontón presenta a estratexia ambiental do BNG con 30 medidas como alternativa ao "modelo depredador"
Un fondo de conservación da natureza dotado con 100 millóns ou a creación dunha empresa pública de enerxía son algunhas das propostas de aplicación máis inmediata incluídas na axenda ambiental presentada polo Bloque en vésperas do Día Mundial do Medio Ambiente
O PSdeG promove un "pacto galego verde" cunha lei climática e máis orzamentos fronte ao "ecopostureo" da Xunta
Retomar a ampliación da Rede Natura, trazar un novo mapa eólico ou incrementar o orzamento medioambiental ata, cando menos, os niveis nos que o deixou o Goberno galego de coalición son algúns dos eixos do "pacto verde" proposto por Gonzalo Caballero en vésperas do Día Mundial do Medio Ambiente