Política
Traslado de persoal, premios salariais ou exames distintos na mesma oposición: a Xunta muda o emprego público pola porta de atrás
Os sindicatos denuncian que o Goberno galego salta a súa obriga de negociar con eles tramitando as modificacións a través do PP, en varias ocasións emendándose a si mesmo, o que reduce aínda máis o debate público
A Audiencia de Lugo arquiva o caso que empurrou a Besteiro fóra do liderado do PSdeG ao velo baseado en "meras sospeitas"
Case seis anos despois da imputación, o tribunal arquiva o caso da xuíza De Lara ao non ver "base suficiente" para formular nin como "indicio" que existise unha "trama urbanística" integrada polo ex-líder do PSdeG e o ex-alcalde de Lugo xunto a construtores e funcionarios
- Con vídeo Reféns de Audasa
- Política
O Congreso aproba por ampla maioría volver tramitar a lei para traspasar a AP-9 a Galicia
O traspaso de competencias sobre a Autoestrada do Atlántico que o Goberno de Rajoy mantivo bloqueado retoma a súa marcha dous anos despois de ser aprobado por primeira vez. O PP defende que a Xunta xestionará a AP-9 mellor que o Estado, o BNG subliña que a transferencia é "o primeiro paso" para unha autoestrada "galega e libre de peaxes" e o PSdeG defende o traspaso e os descontos incluídos nos Orzamentos do Estado como a mellor vía para "aliviar" o "regalo envelenado" que deixou Aznar
A raia clama contra os obstáculos ao persoal transfronteirizo, obrigado a longos rodeos polas restricións da COVID
Os atascos redúcense no segundo día de peche da fronteira tras unha primeira xornada caótica malia as reiteradas advertencias do que podería suceder
A Santa Alianza unionista
Xoán Antón Pérez-Lema
O Congreso volve aprobar o traspaso da AP-9 a Galicia, pendente dos descontos nas peaxes incluídos nos Orzamentos do Estado
A lei do traspaso da AP-9 que agora retoma o Congreso ten a súa orixe en 2015, nunha proposición do BNG avalada pola unanimidade do Parlamento galego que o Goberno de Rajoy vetou en varias ocasións forzando un artigo da Constitución e esgrimindo cálculos que non se correspondían coa realidade
Feijóo entra na campaña catalá cargando contra Illa e Sánchez por faceren campaña
Tras facer el mesmo campaña nas galegas de xullo e substituír o conselleiro de Sanidade en setembro, o presidente critica a “aqueles que abdican das súas responsabilidades de goberno para facer campaña no peor momento sanitario”
A Xunta confía aos fondos de recuperación da COVID, que priman a sostibilidade, estradas prometidas hai dúas décadas
O Goberno galego argumenta que obras viarias que xa tiña programadas cumpren cos obxectivos comunitarios ao facilitar a accesibilidade a servizos sanitarios ou loxísticos ou incluír sendas peonís
Feijóo engade o confinamento local ás súas demandas a Sánchez, que defende o actual estado de alarma
O presidente da Xunta dixo ver "receptividade" ás súas peticións tras a xuntanza na Moncloa, pero o presidente do Goberno central insiste en derrotar o virus "coas ferramentas legais avaladas polo estado de alarma".
A alcaldesa de Boimorto mantense no cargo tras vacinarse contra a COVID malia as advertencias previas de Feijóo
O PPdeG abriulle un expediente disciplinario á alcaldesa, á que suspendeu cautelarmente de militancia á espera de "explicacións claras", pero quedará en nada ao pedir ela mesma a baixa do partido
Un largocaballerista en Compostela
Miguel Paz Cabo