A alcaldesa de Boimorto vacínase contra a COVID na residencia municipal de maiores
A Xunta di que "comprobará a listaxe que enviou á residencia" coas persoas que debían vacinarse. Feijóo asegurou a semana pasada que o "responsable e proporcional" para os alcaldes que se vacinan antes de tempo sería "presentar a renuncia ao cargo".