Feijóo deslígase da creba do bipartito de Ourense e culpa o PSdeG de que Jácome sexa alcalde
O presidente da Xunta e do PP deixa claro que a resolución da crise ourensá queda nas mans de Baltar e fai responsable o PSdeG de que os populares se coligasen con DO por non facilitar que o barón ourensán seguise á fronte da Deputación. "Foron vostedes quen provocaron a crise para salvar o baltarismo colocando na alcaldía a aquel do que dicía que era letal para Ourense", acusa Gonzalo Caballero