Política
A Xunta intensifica a súa campaña sobre ocupación de vivendas mentres admite que non ten "datos reais" ao respecto
Tribunal Superior e Policía sinalan a escaseza de casos pero a conselleira de Vivenda volve asegurar que existe "sensación de impunidade" e "salienta" as ocupacións antes da reunión do Observatorio da Vivenda porque "están dando moito que falar" e "lle preocupa a Galicia". Anuncia un "teléfono para prexudicados por ocupacións" e o encargo dun "mapa da ocupación en Galicia" que terá como obxectivo "obter datos reais sobre o problema", evidenciando que polo momento non os ten
As novas regras da pandemia pactadas con Madrid atinxen (sobre o papel) a Vigo, A Coruña e Ourense
O "principio de acordo" con Madrid que aborda este mércores o Consello Interterritorial implica "limitar a mobilidade" en cidades con máis de 100.000 habitantes que superen varios limiares epidemiolóxicos. O pactado responde ao reclamado por Ayuso no sentido de que as restricións adicionais non sexan só para Madrid, aínda que actualmente todas as cidades que cumpren todas as condicións están só nesa comunidade. A Fegamp di que a Xunta accede a informar aos concellos dúas veces á semana, pero parcialmente
A Xunta e o PP multiplican os actos sobre ocupación de vivendas mentres tribunais e policía desmenten a "alarma"
A conselleira de Vivenda reúnese cunha empresa que xestiona alugueiros e cataloga inquilinos e pide acabar coa “sensación de impunidade”
- Documento
- Política
O PP disponse a promover un pronunciamento do Parlamento de Galicia a prol do rei
O texto que o PP promoverá aprobar no Parlamento, nos concellos e nas deputacións parte da tese de que está "en marcha" un "proceso para liquidar a nosa democracia". Inclúe un punto de defensa "da unidade da nosa nación" e outro, chamando a "protexer e apoiar o labor (...) de todas as institucións do Estado, co rei á cabeza"
CIG-Ensino insta a Xunta a aclarar en que gasta os 93 millóns do tramo educativo do fondo estatal para a COVID-19
O sindicato censura que a Xunta "venda" que programas de reforzo educativo xa existentes antes da pandemia forman parte do esforzo para loitar contra a COVID nos centros educativos" e, tras un encontro co Ministerio de Educación, ve acreditado que "mentiu" ao respecto. O tramo do Fondo COVID transferido en setembro foi repartido polo Estado con criterios baseado no sistema educativo, pero o destino dos cartos é "responsabilidade das comunidades autónomas"
Baltar ascende o líder dos 'rebeldes' de Democracia Ourensana a vicepresidente da Deputación
Baltar nomea como vicepresidente con dedicación exclusiva a quen tamén foi avogado de Jácome mentres o PP accede por primeira vez a negociar unha posible moción de censura para desbancar da alcaldía ao líder de DO
O herdeiro e os caducos
Xoán Antón Pérez-Lema
Do coronavirus aos incendios: un Día do Dereito a Saber ás escuras en Galicia
En contra das recomendacións da ONU e obviando a lei autonómica de 2016, a Xunta vén restrinxindo o acceso da cidadanía á información que posúe sobre todo tipo de cuestións da súa competencia, en particular relacionada con crises
Entrada no outono
Juan Carlos Piñeiro
Só 10 dos 57 altos cargos da Xunta seguen no posto desde o primeiro goberno de Feijóo
O Executivo galego vén de aumentar en dúas as direccións xerais a respecto da estrutura anterior
O Parlamento leva nove meses sen aprobar unha lei, o período máis longo desde 1986
A paralización derivada do aprazamento electoral polo coronavirus prodúcese despois de que a pasada lexislatura fose a de menor produción da historia da autonomía, con só 22 leis, e segue pendente a de impulso demográfico, principal aposta declarada por Feijóo en 2016