Política
Sánchez reclama a Feijóo que axude no estudo epidemiolóxico estatal e aféalle que queira “facer outras cousas”
O presidente salienta que para o desconfinamento progresivo “moi probablemente a unidade de acción non sexa a comunidade autónoma”
- Crónica Coronavirus Galegas 2020
- Política
Feijóo frea as conversas sobre o coronavirus pactadas coas forzas da esquerda entre ecos electorais
Tras a cordialidade que presidiu o adiamento das eleccións e os primeiros encontros entre líderes, esta semana Feijóo ratificou que só convocará á actual oposición cando considere que das conferencias con Sánchez sae algún "acordo". As críticas lanzadas dende San Caetano soben de ton e na esquerda aumentan as voces que instan a ter en conta que, se cadra, cómpre comezar a non dar por sentado que as eleccións vaian ser no outono
Sánchez anuncia un “alivio” do confinamento da rapazada a partir do 27 de abril
O presidente do Goberno central avanza que “un sistema de marcadores” advertirá “en cada momento, en cada territorio” da evolución da pandemia para tomar “medidas de desescalada progresivas en cada un deses territorios”
Medio Ambiente obxecta a legalización do hotel de Oia xunto ao mar e avalía unha nova urbanización en Baiona
A Xunta considera que a reforma parcial do complexo de talasoterapia “non melloraría moito o impacto”. A mesma consellería iniciou tamén estes días a tramitación do impacto ambiental dunhas 150 vivendas sobre o casco vello da vila veciña.
O servizo xurídico do Parlamento avala que a oposición controle o Goberno ata que Feijóo volva convocar as eleccións
Galicia está nunha situación institucional inédita, co Parlamento disolto pola convocatoria das eleccións non celebradas pero cun Goberno que goza de plenas funcións. En resposta aos grupos parlamentarios, o servizo xurídico vén de emitir un informe no que ve claro que poden formular preguntas e solicitudes de documentación á Xunta a través da Deputación Permanente nesta situación excepcional
O comportamento da política
Xesús Veiga
Feijóo atribúe a rescisión de contratos a enfermeiras que tratan o coronavirus a un erro de "interpretación"
O presidente da Xunta carga a responsabilidade na xerencia da área sanitaria de Santiago e nega que houbese "intencionalidade" por parte do Sergas, que recuou logo de anular prórrogas de contratos xa asinadas polo persoal.
Do dereito e do revés
Xoán Antón Pérez-Lema
As escolas infantís da Coruña, gratuítas e co galego como lingua vehicular desde o vindeiro curso
O Concello destina case 480.000 euros ao financiamento do 100% das prazas para 830 pequenos. A priorización da lingua galega racha co modelo lingüístico da Xunta que o PP exportara aos centros en 2014.
O PXOM de Vigo inicia a avaliación ambiental 12 anos despois de evitala ilegalmente o bipartito
En 2015 o Supremo anulou o anterior plan de urbanismo por argumentar unha présa que non era tal para saltar a tramitación ambiental que agora comeza na que os prazos para a cidadanía non contarán ata que remate o estado de alarma
A crise na que redescubrimos os concellos: o coronavirus evidencia o papel clave dos gobernos locais na axuda á cidadanía
As administracións locais activan plans económicos para reducir o impacto da pandemia, ademais de desinfectar espazos, repartir comida e equipos de protección, atender da xente que vive soa ou dar cobertura as persoas máis vulnerables.