Política
- Datos Dereito á vivenda
- Política
800 desafiuzamentos en Galicia entre a incerteza sobre a moratoria
O 31 de decembro expira a última prórroga da suspensión extraordinaria de desaloxos para persoas en situación de vulnerabilidade incursas en xuízos por impagamentos de alugueiro tras un ano no que, a falta do trimestre final, o noso país rexistrou cando menos 812 casos, o 90% en vivendas arrendadas. Ao tempo, o Poder Xudicial volve acreditar a escaseza das ocupacións ilegais, con 11 demandas en tres meses
O proxecto antisocial da extrema dereita
Henrique del Bosque Zapata
O PSdeG abordará os casos de acoso no seu máximo órgano entre congresos
A dirección dos socialistas confirma a convocatoria do Comité Nacional Galego, onde as Xuventudes do partido reclamaran reunirse para "frear o ruído, dar explicacións transparentes e non estar pendentes da prensa amarela". "Xamais ningunha vítima se dirixiu á dirección do PSdeG" e "mente quen diga o contrario", asegura a Executiva Nacional da formación
Pontón esixe a Rueda os acordos que oculta con Altri e Povisa
A Xunta négase a facer público o pacto que asinou con Altri en 2021 o daquela vicepresidente Francisco Conde e tampouco publicou o concerto asinado este ano co hospital vigués de Ribera Salud polo que lle vai pagar un 20% máis
A Comisión Europea recúa: máis coches de combustión e menos transición ecolóxica
O Executivo comunitario propón tombar a normativa que prohibía novos automóbiles contaminantes a partir de 2035. O novo plan terá que ser negociado e ratificado nos vindeiros meses co Parlamento Europeo, onde xa conta co apoio dos conservadores e da extrema dereita, e mais co Consello Europeo
- 📺
- Política
Besteiro reivindica "contundencia" do PSdeG co acoso sexual fronte ás críticas polo 'caso Tomé'
O secretario xeral do PSdeG subliña que "sempre" dixo a "verdade" sobre o que coñecía das denuncias contra o presidente dimisionario da Deputación de Lugo e afirma que procurou "preservar" o anonimato das vítimas. O 'Manifesto polo feminismo no PSdeG', con diversas adhesións de cargos e ex-cargos, expresa "estupor, vergoña e inevitable desafección", reclama "transparencia na resolución das denuncias" sobre Tomé e aplaude o "compromiso feminista" da xa ex-secretaria de Igualdade do PSdeG
Un de cada dez pisos turísticos polos que Consumo multou a Airbnb está en Galicia
A sanción de case 65 millóns de euros revelou que a plataforma tiña publicados case 7.000 anuncios ilegais de vivendas turísticas no país, dun total de máis de 65.000 que detectou no Estado.
O 061 terá helicóptero tamén pola noite dentro de dous anos
Tras ducias de incumprimentos da actual adxudicataria a Xunta convoca un novo concurso para renovar o servizo de emerxencias sanitarias aéreas por 7 millóns ao ano, un 60% máis que agora
A minguante policía galega que non é: as claves do conflito da Xunta co Estado
A ameaza da Xunta sobre a retirada de axentes da Unidade de Policía Adscrita da protección a vítimas de violencia machista ten como pano de fondo as negociacións co Estado para renovar o convenio que a rexe, no que o Ministerio pide un financiamento ao 50% co Goberno galego. O Goberno de Rueda esgrime un "agravio" en comparación cos Mossos d'Esquadra cataláns, que non son unha unidade adscrita senón unha policía integral como a que o PP galego se nega a aplicar en Galicia
O PP quere que siga a actual Valedora do Pobo e ofrece ao BNG propoñer o cargo adxunto
Tras 16 meses en funcións e retirarlle o control da Lei de Transparencia, os populares queren renovar para outros cinco anos a María Dolores Fernández Galiño, para o que precisan do voto dalgún outro grupo
Altri como síntoma, un goberno galego co centro no País como menciña
Xoán Antón Pérez-Lema