Política
Dúas denunciantes de acoso laboral ás que Educación nin entrevistou obteñen outra condena á consellería
A xustiza volve reprochar á Xunta que se negue a aplicar ao persoal docente o protocolo de loita contra o acoso que reserva só para a administración xeral e dítalle 15.000 euros en indemnizacións por incumprir a prevención de riscos laborais
Feminismo da ciencia ao humor para "desmontar prexuízos" na mocidade dende Lugo
Expertas en estudos de xénero, o papel científico das mulleres, psicoloxía, dereito ou intelixencia artificial, protagonistas nas Xornadas Feministas=Igualdade da Deputación lucense, que volveron poñer o foco na poboación adolescente
O cumio progresista encabezado por Sánchez proponse pasar de "resistir" á "liderar"
O presidente do Goberno de España e líder do PSOE clausura a dupla cimeira celebrada en Barcelona cun chamamento a "facer fronte ao medo con máis democracia e á desigualdade con máis xustiza". "As respostas que se deron neste espazo internacional son as mesmas que precisamos na nosa casa" en eidos como sanidade ou vivenda, salienta Besteiro
- Crónica
- Política
Os 'contratos' de Feijóo: da "austeridade" ás teimas da internacional reaccionaria
Tras procurar reeditar no liderado do PP o seu 'Contrato con Galicia', a dirección comandada polo ex-presidente galego asina agora outro con Vox en Extremadura que, polo seu contexto político, vira en bosquexo do que terían as dereitas sobre a mesa de negociación no Estado se a demoscopia se reproduce nas urnas
A Xunta ofrecerá en alugueiro 797 parcelas pola vía que o PP atacou como plan comunista
Medio Rural ultima a incorporación de case 800 predios de propiedade descoñecida ao Banco de Terras, que os populares atacaron cando a creou o Goberno de coalición PSdeG-BNG como unha "sovietización encuberta" encamiñada á "incautación". A Consellería fai un balance "moi positivo" da ferramenta "dende a súa posta en funcionamento" e salienta que xa ten incorporadas "máis de 19.000 parcelas"
O 061 non logra mellorar os seus helicópteros, que seguirán en mans dunha empresa con ducias de incumprimentos
Tras demorar un novo concurso, que foi recorrido logo de que varias empresas sospeitasen dun amaño, agora vén de quedar deserto, o que obriga a prorrogar á anterior adxudicataria mentres non se resolva unha nova licitación
O Estado recoñecerá o Vello Cárcere de Lugo como Lugar de Memoria Democrática
A antiga prisión lucense pasou de referencia nos avances no tratamento das poboación reclusa a finais do século XIX a espazo de terror tras o golpe de 1936, se converteu "nun dos principais lugares de represión política en Galicia", salienta o Goberno de España, onde unhas 5.000 persoas padeceron "situacións de extrema dureza con persecución, torturas e condicións inhumanas". Dende hai unha década funciona, rehabilitada, como centro de memoria e cultura do Concello
O ex-conselleiro Villares pide volver ao PP tras o arquivo da denuncia por agresión sexual
Ao quedar a investigación "concluída e arquivada" Alfonso Villares sinala ante os medios que procura "restituír" a súa "honra" tras unha "acusación que carecía de fundamento", evita aclarar se Rueda xa lle concretou o seu ofrecemento dun novo cargo e reclama "desculpas" dos "responsables políticos que decidiron ignorar a miña presunción de inocencia"
Rueda viaxa á China en plenas críticas do PP e Feijóo a Sánchez por facer o mesmo
Os populares veñen criticando a PSOE e BNG por reunións con cargos políticos chineses malia que o propio Feijóo tamén as mantivo cando viaxou en 2017 a Beijing ou os recibiu en Galicia
Tras ano e medio bloqueado o Sergas volve permitir o cambio entre Povisa e a sanidade pública
O cambio voluntario entre o hospital concertado de Ribera Salud e o sistema público, con reiterada perda de doentes para Povisa, comezou en 2014 ligado ao anterior concerto, pero a demora en renovalo deixou sen esa posibilidade desde outubro de 2024
Pontón insta a Xunta a asumir o mantemento dos colexios e a xestión dos seus comedores
A líder do BNG lembra que as competencias educativas son do Goberno galego e debe "asumilas ao 100%" e "non delegar" nos concellos ou nas ANPAs obras ou a organización dos espazos para o xantar. O Bloque propón destinar 10 millóns de euros a contratar persoal para a atención á diversidade e un plan de mellora dos centros de ensino.