O Parlamento elixe a representación galega no Senado marcada pola vaga expansiva das municipais
Os dous representantes do PP, Elena Muñoz e Jesús Vázquez, plantan a sesión que os designou e o de En Marea, José Manuel Sande, cuxa proposta por parte do sector crítico desa formación foi o desencadeante da ruptura definitiva do grupo a semana pasada, preséntase como a representación galega na Cámara Alta