O BNG acusa o PP de "instigar a violencia" contra as alcaldías do Morrazo pola suba do lixo
A nova ordenanza de recollida de refugallos da Mancomunidade que agrupa a Cangas, Moaña e Bueu sobe as tarifas para paliar un déficit de 2 millóns anuai, adaptarse á norma estatal e encaixar os incrementos de Sogama. "Un grupo minoritario de manifestantes arengados por edís do PP, converteron unha protesta lexítima nun ataque violento", afirma o Bloque, que esixe a Rueda unha "condena" explícita" do acontecido