Nova condena á TVG tras cambiar a quenda dun traballador e vulnerar o seu dereito á folga
O xulgado entende que a CRTVG cambiou o horario a un produtor mobilizado para evitar que secundase os paros e sen xustificar as necesidades desa mudanza.
O xulgado entende que a CRTVG cambiou o horario a un produtor mobilizado para evitar que secundase os paros e sen xustificar as necesidades desa mudanza.
O despregue audiovisual do evento celebrado na Cidade da Cultura supuxo 12.600 euros, e aínda faltaría que o Goberno galego concrete o custo do "fabuloso petisco" que ofreceu ás persoas invitadas
Román Rodríguez apela a "respectar a quen pensa diferente" pero pedirá explicacións a Enrique Prado, subdirector xeral a quen o sindicato atribúe a orde de "neutralidade" nas aulas e crítico co "nacionalismo fascista do BNG e o nacionalsocialismo do PSdeG"
O sindicato divulga artigos de Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e a quen atribúen a polémica orde de "neutralidade" nas aulas, nos que carga contra "o nacionalismo fascista do BNG e o nacionalsocialismo do PSdeG"
A área sanitaria de Lugo ábrese con este contrato, duns 195.000 euros, a que unha empresa privada acceda desde fóra da rede informática do Sergas aos historiais dos pacientes
O alto tribunal sentencia que a Audiencia de Madrid incorreu nun "erro patente na valoración da proba" ao concluír que o concello compostelán non identificou "adecuadamente" as pezas que reclamaba. As esculturas en poder dos Franco son as mesmas, "sen posibilidade de dúbida". As esculturas foron mercadas polo consistorio en 1948, o ditador e a súa esposa quedaron con elas nos anos 50 e o goberno local litiga para recuperalas dende 2017
O relatorio político co que Feijóo vai actualizar o ideario do PP fixado por Rajoy en 2017 elude cuestións como o aborto, a prostitución ou a relixión e en lugar de eutanasia fala dun mellor sistema de coidados paliativos
"O sabor agre polo noso resultado virou en satisfacción polo cambio; o nacionalismo sempre se alegra máis polo beneficio do país que polo partidario", lembra sobre as eleccións do 19 de xuño de 2005 o daquela líder do Bloque, despois vicepresidente do Executivo galego de coalición co PSdeG tras o cal "Galiza deixou de ter goberno para ter unha especie de gran Deputación multiprovincial". Vinte anos despois, reflexiona, "o BNG non tocou teito" e "se se seguen a facer as cousas como se están a facer baixo a dirección de Ana Pontón, o crecemento do Bloque provocará a derrota do PP"
O 19 de xuño de 2005 PSdeG e BNG deron escorrentado o fatalismo nunha tensa noite electoral na que ao PP de Fraga, así e todo, as contas non lle deron por pouco ao manterse no 45% dos sufraxios. "Foi posible o que parecía imposible, Galicia non estaba chamada a permanecer apoiando maioritariamente ao PP", lembra Touriño, que salienta o "histórico" apoio obtido polo PSdeG daquela. "O resultado do BNG non foi óptimo, pero o sabor acedo quedou borrado por conseguir un obxectivo máis importante para o país, o necesario cambio de Goberno", evoca Quintana