A RAG explica aos concellos o cambio no seu nome, que agarda polo visto e prace da Xunta
A proposta da Academia para o cambio na denominación oficial de doce concellos foi aprobada pola Xunta en xullo pero aínda debe ser levada ao Consello para virar en oficial. Académicos explicaron á veciñanza da Cañiza o pasado sábado as razóns do cambio á forma "xenuinamente galega" da 'Caniza', documentada desde a Idade Media e na obra de frei Martín Sarmiento e viva na fala da xente máis vella.