A orde da "neutralidade" nas aulas impón o aviso á Inspección nas "actividades complementarias sobrevindas"
Educación publica as instrucións do curso 25-26, que incrementan o control das actividades complementarias aludindo ao artigo da lei de 1985 que se basea no precepto da Constitución sobre as cuestións relixiosas e morais no ensino. Impón incluír "todas" as actividades como charlas ou visitas na programación anual dos centros, que só "de xeito moi excepcional" poderán engadir outras coa condición de "dar conta ao consello escolar e á inspección educativa"