Unha nova manifestación reactiva a mobilización polas pensións en Galicia
A CIG reclama a derrogación das reformas laborais para que un maior número de traballadores activos permita manter un sistema de pensións máis forte
A CIG reclama a derrogación das reformas laborais para que un maior número de traballadores activos permita manter un sistema de pensións máis forte
A dirección ordena reter persoas que querían denunciar outra nova situación de colapso e manda retirar carteis alusivos á folga para "velar pola intimidade e respecto dos doentes" e "por cuestións de asepsia e limpeza".
A Asociación de Pacientes e Usuarios do Clínico de Santiago cre que a doutora Nercellas, que levou á Fiscalía os dous falecementos, padece "un linchamento institucional por esixir responsabilidades a quen poñen en perigo a vida dos pacientes"
A doutora que levou á Fiscalía as dúas mortes no Clínico de Santiago avisou tres veces durante aquela xornada da "situación moi preocupante" polo colapso e pediu "tomar medidas". "Non se fixo nada do solicitado", queixábase nos 'mails' aos que tivo acceso Praza.
Máis do 90% dos profesionais que participaron na consulta votan en contra da última oferta do Sergas e manteñen as mobilizacións esixindo máis medios. A médica que levou á Fiscalía a morte de dúas persoas ratifícase na súa denuncia ante as duras críticas da Xunta.
Fátima Nercellas, delegada de persoal que levou á Fiscalía a morte de dous pacientes que agardaron de máis nos corredores, explica o "estrés" que os profesionais sofren e denuncia o desleixo do Sergas e a Xunta ante as demandas de melloras asistenciais.
A sentenza que obriga ao Concello compostelán a indemnizar con 620.000 euros a unha empresa de Véndex tras a anulación en 2015 da adxudicación da ORA no ano 2012 reabre na cidade a controversia sobre o impacto económico destes ditames xudiciais. O goberno local subliña que a orixe do pagamento está na "adxudicación irregular xa advertida" en 2012 e a oposición atribúeo a unha mala xestión da municipalización do servizo
A doutora Fátima Nercellas revela na comisión organizada pola oposición no Parlamento sobre a sanidade o traslado á Fiscalía destes dous falecementos, acontecidos en pleno colapso do servizo do pasado 2 de xaneiro. O persoal enviou ata "tres alertas" do que estaba a pasar, afirma. O Sergas nega "rotundamente" que doentes falecesen nos corredores.
Tras dous meses de folga co 100% dos servizos mínimos e en vésperas de votar a proposta do Sergas o persoal das Urxencias do CHUS reitera que "non pide cartos", senón o "mínimo necesario" para unha atención "digna"
As familias reclaman que rapaces e rapazas atendidos no colexio de educación especial da Barcia poidan recibir coidados alén dos 21 anos en centros como o CEGADI, concibido en tempos do bipartito e rematado en 2013 tras varios atrasos cun sobrecusto dun 50% nas obras
Unha familia de Carnota viaxa ata Muros e de aí a Santiago no último día do ano na procura da atención axeitada para un pequeno cun problema respiratorio. O seu relato denuncia a ausencia de especialistas e substitutos, o colapso no centro de saúde ou a carencia de camas nas Urxencias. "É desesperante comprobar as eivas e falta de medios", di.