Santiago
O Concello e a Cámara de Comercio de Santiago convocan a XIX edición dos galardóns, que volverán recoñecer as empresas que empregan a lingua galega. Lanzan ademais a web traballamosengalego.gal, que destaca todas as compañías gañadoras dende o ano 2000
A folga nas Urxencias do CHUS: "Os servizos mínimos evidencian que o persoal é deficitario"
Cunha mobilización do persoal sanitario e a dimisión do coordinador das Urxencias comezou un paro indefinido no Clínico de Santiago para a que a Xunta decretou un 100% de servizos mínimos. "Ninguén pode exercer o seu dereito á folga, pero tamén é o recoñecemento de que se precisan máis traballadores", explica a comisión de centro
Unanimidade para dedicar a Verónica Boquete o estadio compostelán de San Lázaro
"Estou moi feliz, encantada de que leve o meu nome un estadio que para min é moi especial", di a xogadora, a quen a corporación compostelá homenaxea por ser "unha referencia para o fútbol base, especialmente para o fútbol feminino, que leva tempo a loitar para ter o mesmo recoñecemento e visibilidade que o masculino"
Compostela celebra o 'Día de Lorca', dedicado ao granadino que se sentía "poeta galego"
Este 25 de outubro celébrase en Compostela o Día de Lorca, conmemorando o aniversario da primeira visita do poeta á cidade, en 1916. O Concello editou unha unidade didáctica, realizada por Henrique Alvarellos, que detalla a profunda relación que uniu a Federico García Lorca con Galicia
Medio milleiro de persoas reclaman en Ordes "aire, auga e terra limpas" para a comarca
"A comarca está sendo gravemente agredida ambiental, social, sanitaria e economicamente", advirten os convocantes dunha marcha que sinala á "falta de sentido do país" e ás "facilidades" que dá a Xunta a polémicos proxectos industriais como orixe dos problemas.
25 anos do CGAC: De “poñer a Galicia no mapa” a manterse coa metade do orzamento de hai unha década
O museo celebra o seu aniversario lembrando a xénese do proxecto de Álvaro Siza durante o primeiro mandato de Manuel Fraga e reclamando máis apoio político
Un concerto da Panorama en Melide pon en perigo o cruceiro máis antigo de Galicia
O gran tamaño do escenario da orquestra obrigou a mover o valado metálico que protexe o monumento, do século XIV, ata pegalo á súa estrutura. A Policía Local tivo que separar esta cerca, para evitar danos na peza, e levantou acta do sucedido.
Compostela retira as condecoracións a dirixentes franquistas e fai alcalde de honra a Casal
O pleno suprime os recoñecementos recibidos durante a ditadura por nove ministros do réxime fascista. A proposta inclúe a designación de seis rúas da cidade con nomes de mulleres e designa rexedor de honra o político galeguista asasinado tras o golpe de Estado de 1936.
Os Franco acusarán o Concello de Santiago de querer roubarlles as esculturas do Mestre Mateo para non devolvelas
Os netos do ditador responden no xulgado á demanda do consistorio compostelán cun escrito no que defenden que os seus avós mercaron as pezas a través "dun anticuario" e reducen a mentiras a documentación que acredita a propiedade pública das obras do Mestre Mateo
Chegan os primeiros expedientes a apartamentos turísticos irregulares en Santiago
As inspeccións e sancións desenvólvense paralelamente a unha campaña informativa que pretende concienciar os turistas pero tamén á veciñanza compostelá que aluga os apartamentos sen licenza
Iván Ferreiro e Caxade, pórtico e peche do día grande das festas da Ascensión en Santiago
As festas continúan ata o domingo e inclúen o concerto que conmemorará o 170º aniversario da Banda Municipal compostelá nunha actuación conxunta coa Real Filharmonía de Galicia
O Concello de Santiago demándalle á Xunta unha vivenda alternativa para a familia ameazada de desaloxo
Tanto o Concello como Compostela Aberta pídenlle ao Goberno galego unha solución para evitar que tres persoas queden na rúa. A concelleira Concha Fernández lembra que a Xustiza lle encargou á propia Xunta a tutela destas persoas.