Altri
Altri como síntoma, un goberno galego co centro no País como menciña
Xoán Antón Pérez-Lema
O rexeitamento a Altri segue alerta na rúa
Unha nova manifestación enche o Obradoiro de paraugas-árbore pedindo a cancelación completa da fábrica de Palas sen conformarse co estancamento rexistrado polo proxecto nos últimos meses
Altri aposta por Galicia como "fonte de madeira" coa fábrica de Palas estancada
Outra marcha percorre Santiago este domingo contra o proxecto industrial, sen axudas á descarbonización e sen conexión eléctrica mentres a empresa salienta a compra de empresas forestais como "paso estratéxico" para consolidarse en Galicia
Besteiro advirte a Rueda de que vai "raiar a prevaricación" se non renuncia a Altri
O líder do PSdeG insta o presidente asumir que o proxecto da "macrocelulosa" da Ulloa está "morto" tras as negativas para obter fondos da UE e conexión eléctrica: "Non ten o valor de denegalo". O titular da Xunta asegura que non cabe agardar del "outra cousa que facer o que din os técnicos"
Besteiro pide a Rueda non apoiar o recurso de Altri ao plan eléctrico: "Poría en risco centos de millóns"
A compañía portuguesa avanzou a súa intención de recorrer despois de que o Estado deixase o seu proxecto en Palas fóra da planificación eléctrica ata 2030. "Defendemos a industria, pero a que crea emprego de calidade e respecta o noso medio natural", sinala o líder do PSdeG durante unha visita á cooperativa Milhulloa
A ocultación do pacto da Xunta con Altri chega á xustiza
O BNG emprende accións ante o TSXG e o PSdeG pide amparo ao presidente do Parlamento para acceder á documentación que o Goberno galego mantén baixo secreto
Altri afronta unha batalla xudicial mentres Besteiro insta a Xunta a parar de vez o proxecto
Adega, a PDRA e a CIG levan ao xulgado a empresa polo procedemento na concesión de augas para a planta prevista en Palas. O PSdeG rexistra unha iniciativa no Parlamento na que pide ao goberno de Rueda que "rexeite formalmente a autorización industrial" do proxecto que, segundo o líder socialista, "é fume e propaganda".
Altri albisca negro o seu futuro en Galicia aos catro anos de aterrar da man da Xunta
A compañía portuguesa chegou en outubro de 2021 en Galicia da man de Impulsa Galicia; catro anos despois, a sociedade publico-privada está disolvida e a multinacional ve incerto o futuro en Palas. O Estado déixaa fóra do plan eléctrico por non ser un proxecto asentado, nin estratéxico nin co futuro asegurado fronte a outros xa claves. "Doulle un 5% de posibilidades", resume unha fonte achegada ao proceso
Besteiro anticipa que Altri queda sen conexión eléctrica: "Non ten futuro en Galicia"
Adianta que o Goberno central denega a subestación que a empresa portuguesa demandaba para o seu proxecto de Palas e que queda fóra tamén da planificación eléctrica estatal. A negativa, tras quedar sen axudas do Perte e da UE, supón para o líder socialista un non "definitivo" á iniciativa.
Medio Ambiente consolida cun posto de libre designación ao subdirector que asinou o permiso de Altri
O responsable de Avaliación Ambiental pasa de exercer o posto en comisión de servizos a facelo "con carácter definitivo" por libre designación, o que propiciará que consolide o nivel máis alto na carreira funcionarial
BNG e PSdeG ven na disolución de Impulsa Galicia outro intento de ocultar xestións como a chegada de Altri
O BNG di que o peche da empresa público-privada supón un "borrado de probas" tras deixar como legado a "bomba ambiental" de Altri e para o PSdeG a decisión "pola porta de atrás e en vacacións" demostra o "fracaso absoluto" da política industrial do PP