- Entrevista | Margarita Ledo Contra a violencia machista
- Cultura
"Sagrario defendeu o dereito a querer e a que a queiran"
Margarita Ledo viña percorrendo un camiño feminista e de clase no seu audiovisual, con Nación sublimou esa viaxe dende o poder colectivo das mulleres e agora, en Prefiro condenarme, explora a heroicidade dunha muller que vogou pola igualdade na ditadura desde a convicción do seu dereito ao amor e ao desexo. A película chega este venres ás salas de cine por todo o país.