Os delitos contra a liberdade sexual acadan un novo máximo en Galicia cun aumento das agresións e abusos
En 2022 foron 719 os feitos coñecidos polas forzas de seguridade, por riba dos 707 do ano anterior, cifra que xa supuxera un récord. Dende o ano 2013, o número de delitos vén aumentando de forma constante. Destaca o importante incremento das agresións e abusos sexuais (433 delitos en 2022, fronte aos 399 do ano anterior) e as agresións e abusos con penetración (155 fronte aos 144 do ano 2021)