Dimite un adestrador de fútbol de Poio por comentarios machistas a unha nena: "Está solteira, por onde lla queres meter"
O Villalonga FC denunciara publicamente as palabras sexistas que o técnico dirixiu contra a porteira do seu equipo infantil.
O Villalonga FC denunciara publicamente as palabras sexistas que o técnico dirixiu contra a porteira do seu equipo infantil.
O pasado ano as violacións coñecidas pola Policía ascenderon a 95, un 17% máis que no 2021 e por riba do anterior récord, acadado en 2019. O número total de infraccións penais en Galicia aumenta un 18% con respecto ao 2019, especialmente os ciberdelitos, aínda que diminúen os roubos con forza en domicilio.
O 82% das sentenzas ditadas en Galicia durante 2022 para casos de violencia de xénero foron condenatorias e o primeiro ano coa nova lei de protección da infancia en vigor duplica as suspensións de visitas a fillas e fillos para pais incursos nestes casos
A presidenta do Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero do CGPJ reclama pór en marcha unha especialidade xudicial propia para estas violencias e, mentres tanto, pide que a formación en igualdade para todos os axentes xudiciais sexa obrigatoria
Preto do 30% das alumnas recibe tamén habitualmente imaxes sexuais, segundo un estudo sobre a toxicidade e as violencias dixitais a través desta rede social.
Dúas mulleres vítimas de violencia de xénero contan as súas experiencias de nove e tres anos cos dispositivos de control telemático que avisan de que o maltratador se achega e implica avisar á Policía. Piden máis recursos, mellorar a xeolocalización e "que haxa consecuencias" cando eles incumpren as medidas de protección. En todo o Estado hai 3.056 dispositivos en activo, segundo o Ministerio de Igualdade.
Unha proposición do BNG logra a unanimidade da Cámara para instar a Xunta a que elabore co sector do ocio nocturno un protocolo para "blindar os dereitos das mulleres agredidas" e que inclúa "actuacións en todos os ámbitos"
A súa ex parella foi detido en Ourense horas máis tarde, despois de que se presentase na comisaría. A vítima, que foi atopada na porta da súa vivenda no barrio da Percibilleira este domingo pola noite, recibiu un forte golpe na caluga. O home levou da casa os fillos do matrimonio e deixounos cos avós paternos
Ante a repunta de asasinatos, Interior pon o foco nos agresores reincidentes que tenden a presentar "un patrón de comportamento machista" e unha "resposta violenta persistente no tempo". Ministro e forzas de seguridade crean unha "mesa de avaliación e seguimento" dos feminicidios mentres valoran a posibilidade de alertar as mulleres que denuncian se os agresores son reincidentes
A actual "repunta de feminicidios" provoca a primeira reunión dun comité de crise estatal que busca "extremar a precaución" e protexer máis e mellor ás mulleres, especialmente ás que se atopan en situacións de vulnerabilidade. Dende o colexio de Psicoloxía de Galicia advirten de que períodos festivos coma o Nadal son especialmente sensibles porque "se festexa un patrón de familia tradicional onde os homes teñen unha posición de superioridade"
Un tribunal militar da Coruña condena un sarxento alumno de terceiro curso por violentar unha subordinada de primeiro curso para consumar unha relación sexual cando ela quixo interrompela
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta afirma que a campaña co lema "Non debería pasar, pero pasa" pasou "todos os controis habituais" e, a preguntas do PSdeG no Parlamento, replica que "é un insulto á intelixencia" sinalar "que ten outro obxectivo que non sexa a erradicación e prevención da violencia de xénero" e pide non trasladar á Cámara "polémicas de Twitter"