Contra a violencia machista
Campañas do 25N: as que deixan atrás o negro e as que "chaman as cousas polo seu nome"
As institucións lanzan cadansúa campaña de difusión con motivo do 25N. Destaca a do Concello de Santiago, que este ano enche de cor os seus carteis, despois de aposta polo negro dende o 2015. Ou a do Concello de Pontevedra, que incide en que unha vítima da violencia machista non 'morre', senón que é 'asasinada'. A Deputación da Coruña pon o foco nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno.
- Entrevista | Ana María García Costas Contra a violencia machista
- Movementos sociais
"O sistema do 'sugar daddy' aumenta a prostitución entre mulleres moi novas que non son conscientes de seren explotadas"
"A miña meta é poñelo difícil para que nin haxa xente que se intente dedicar a isto, nin haxa mulleres que se vexan abocadas a este tipo de cousas porque teño visto as consecuencias de estar en prostitución moitos anos", salienta a avogada Ana María García Costas, que participa na XII Xornada da Rede galega contra a trata sexual
Seis comités de crise e 50 feminicidios este ano. Dan resultado as súas medidas?
O Ministerio de Igualdade e as Comunidades Autónomas deseñaron ferramentas pensadas para dar resposta a casos moi particulares, pero os expertos propoñen unha mirada máis estrutural. "A situación é de emerxencia e as cifras son moi graves", recoñece a secretaria de Estado de Igualdade, Ángela Rodríguez
A Valedora desmonta a 'prioridade' da Xunta a vítimas de violencia de xénero en xustiza gratuíta e discapacidade
A defensora do pobo afea que os impresos para solicitar avogado de oficio dificulten a súa obtención ás vítimas e que "gran parte" destas queden fóra da vía prioritaria nos demorados procesos de recoñecemento de discapacidade
Medio ano de cadea e de suspensión militar para un cabo da Comandancia Naval do Miño por tentar bicar unha subordinada
O condenado admitiu os feitos e asumiu un delito de abuso sexual polo que tamén terá pagar unha multa de 2.200 euros e unha indemnización de 200 por danos morais á vítima, á que non poderá achegarse durante un ano
Condenado a dous anos de cárcere un profesor de Pontevedra por bicar unha alumna sen o seu consentimento
A Audiencia Provincial declara ao home culpable dun delito de agresión sexual. A rapaza, de 15 anos, acudira a unhas clases particulares.
Louzán centra as críticas en Galicia da mobilización contra o machismo no fútbol
O presidente da federación galega está pendente de que o Supremo revise a súa condena por prevaricación cando presidía a Deputación de Pontevedra, e se a fai firme deberá deixar a dirección do fútbol galego
Feijóo relativiza o machismo de Rubiales e di que hai que falar "tamén" das reducións de condena pola lei do 'só si é si'
O líder do PP retomou o seu costume de condicionar reclamacións do feminismo a que "tamén" se teñan en conta cuestións que vén defendendo o seu partido
Galicia érguese contra o machismo no fútbol
O discurso contra "a lacra do falso feminismo" do presidente da federación española tras os seus comportamentos machistas no Mundial provoca críticas desde diversos sectores da sociedade galega
O BNG reclama a posta en marcha do protocolo contra as agresións sexuais no ocio nocturno aprobado polo Parlamento en febreiro
No primeiro trimestre do ano denunciáronse 43 agresións sexuais con penetración en Galicia, un 10,3% máis que no mesmo período do ano anterior, segundo datos do Ministerio do Interior. No BNG reclaman que se acelera a publicación do protocolo de actuación en caso de agresións sexuais no ocio nocturno, aprobado por unanimidade no Parlamento en febreiro
A amplificación do negacionismo engádese ao verán como risco para o aumento da violencia machista
Os oito asasinatos machistas no Estado en xullo corroboran a tese das expertas, que alertan do maior risco de violencia contra as mulleres durante as vacacións e sinalan que a difusión de proclamas contra o feminismo e as políticas de igualdade no contexto electoral "reforza o agresor"