As segundas doses para a mocidade entre 12 e 19 anos completan a protección ante a COVID de todos os grupos de idade en Galicia
A vindeira semana, coincidindo co inicio do curso no ensino secundario, os mozos e mozas desa xeración recibirán a pauta completa, o que elevará por riba do 90% a porcentaxe de poboación diana vacinada. Quedarán pendentes os menores de 12 anos e ao redor de 200 mil persoas maiores desa idade, especialmente no grupo de 30 a 39 anos, o menos vacinado.