O Concello de Verín e os hostaleiros da localidade acordan pechar bares e terrazas durante 10 días para conter o coronavirus
A vila suma 74 casos, o que equivale a unha incidencia acumulada de 540 casos por cada 100.000 habitantes. O Goberno municipal e os locais chegaron a esta decisión "cun amplo consenso" ante o incremento dos contaxios nos últimos días.