O sector cultural galego reclama da Xunta un "trato igualitario" para poder traballar no tempo da pandemia
Oito entidades profesionais publican un manifesto conxunto que denuncia "un trato discriminatorio con respecto a outros sectores produtivos con máis capacidade de presión" e critica "a falta de claridade da normativa sanitaria aplicada", reclamando que "a cultura é segura".