Galicia é a autonomía que máis contactos atopa en cada caso de COVID-19, pero segue ignorando onde se contaxia o 80%
O Sergas identifica uns 5 contactos por cada positivos detectado, o mellor resultado do Estado no rastrexo 'cara a adiante', mentres segue co peor no rastrexo 'cara a atrás'. O pasado xullo, a Xunta atribuíu a elevada porcentaxe de casos sen orixe identificada a un "problema" coa enquisa aos pacientes que, subliñaba, estaba a piques de corrixir