
- Datos Coronavirus
- Acontece
A fin de ano da COVID: máis test, casos e presión na Atención Primaria ca nunca coa vacina a frear ingresos e mortes
O alto número de casos activos, que supera os 36.000, acrecenta a carga sobre a Atención Primaria para consultas, seguimento e trámites como baixas laborais. Este 28 de decembro rematou con senllas cifras récord de PCR realizadas (case 15.000) e casos novos detectados (case 5.000) en Galicia. As actuais cifras de hospitalizacións son semellantes ao pico de ingresos do pasado verán, cando a incidencia a 14 días roldaba a metade da actual