A Xunta ataca o Estado e presume de medios na busca de 'pellets' tras usar só o 40% dos que divulgou
Os conselleiros en funcións, Villares e Vázquez, contrapoñen a "transparencia" e a achega de medios do Goberno galego á "inacción" do Executivo central e aos "bulos' e a desinformación". A titular de Medio Ambiente asegura que a Administración autonómica irá aos tribunais para pedir ao Estado que reclame os 2,3 millóns que custou a limpeza de granulados.