Down Galicia demostra na Xustiza que a Xunta discrimina estudantes con discapacidade nas axudas para libros
O TSXG dá a razón á entidade no seu recurso contra a orde de Educación que concede as axudas máximas para libros de texto ao alumnado con discapacidade matriculado en centros e unidades de educación especial, pero non ao que acode a aulas ordinarias. "Non se atopa xustificación razoable para conceder as axudas prioritariamente a quen reciba educación en centros específicos ou en unidades de educación especial de centros ordinarios", di a sentenza