"A aula virtual non funciona": familias dun instituto compostelán piden reforzos de profesorado para garantir a presencialidade
Nais e pais do alumnado de 1º de Bacharelato do IES Antonio Fraguas envían unha carta ao conselleiro de Educación para reclamar os seis docentes que a Xunta denegou no verán. Denuncian que as eivas no funcionamento da semipresencialidade supoñen un agravio comparativo para os seus fillos e fillas con respecto ao resto de estudantes