A Xunta suprime Xeografía e Historia de Galicia no Bacharelato pero di que sae "reforzada" cunha nova materia
Docentes recollen sinaturas e protestan pola substitución desta optativa por Patrimonio e Sociedade de Galicia e alertan dos "prexuízos" na "aprendizaxe sobre a identidade territorial e histórica de Galicia". "Son coñecementos troncais que non poden substituírse por sucedáneos", advirten