A falta de profesorado e os recortes erguen as mobilizacións das ANPA de Vigo
Foanpas, que aglutina máis de 80 asociacións de nais e pais de centros educativos da cidade e comarca, inicia este xoves mobilizacións ante a escaseza de docentes, sobre todo na atención a alumnado con necesidades especiais.