Unhas 200 baixas sen cubrir e 400 reforzos menos: a falta de profesorado reactiva as protestas no ensino
Os sindicatos do ensino acusan a Consellería de suspender a chamada de docentes substitutos, agás excepcións, desde o 30 de novembro. Á non cobertura de baixas súmase a non prolongación do programa ARCO e o remate da estadía nos centros de perto de 400 docentes de reforzo