A Xunta presenta, tras dous meses de curso, un plan de ensino virtual que obriga os centros a entregar nunha semana un horario
O plan limítase a ser unha "folla de ruta" deste ensino a distancia, que se aplicaría -no caso dun novo confinamento domiciliario- en todos os cursos dende 3º de Primaria. As 'aulas virtuais' terán un horario semellante ás clases presenciais, controis de asistencia e tempos para a realización de tarefas