O colexio con máis positivos de coronavirus en Galicia levaba semanas denunciando a falta de espazo
O CEIP As Mercedes de Ourense suma 11 casos e ten pechada unha das súas aulas dende hai unha semana. A ANPA esixe que se investigue o sucedido e asegura que "o centro está aplicando o protocolo de mínimos impulsado pola Xunta, pero o problema é que o protocolo non funciona"