O Sergas amplía xa a reprodución asistida para casos con patoloxías e deixa para 2026 a conxelación de óvulos
Sanidade tamén levanta a prohibición de técnicas de reprodución na sanidade pública a mulleres que xa teñan un fillo
Sanidade tamén levanta a prohibición de técnicas de reprodución na sanidade pública a mulleres que xa teñan un fillo
Como noutros casos anteriores de desatención de potenciais condutas suicidas, a Xunta rexeitou indemnizar a familia, un xulgado condenouna a pagar 70.000 euros e agora o TSXG ratifica a contía
O TSXG di que "as oportunidades ou expectativas para o enfermo serían outras" se en lugar dunha administrativa fose un médico quen valorase a situación do paciente
As primeiras metades de cada ano viñan ofrecendo mellores rexistros de demora sanitaria que as segundas, nas que coinciden as vacacións do verán e o Nadal, pero iso non ocorreu este ano, no que Sanidade segue lonxe dos rexistros previos á pandemia
Case o 30% das persoas enquisadas en Galicia no Barómetro Sanitario do CIS cren que a sanidade pública se financia con cotizacións da poboación traballadora. O inquérito tamén revela que case a metade declaran ter que agardar máis dunha semana por cita en Atención Primaria e un de cada cinco, máis de 11 días
Como vén de facer tamén en Ourense, o Goberno galego xustifica a derivación de doentes pola "existencia de listas de espera" e a "insuficiencia" dos recursos propios do Sergas
Paliar a escaseza de persoal médico é un obxectivo necesariamente de medio prazo con tres fitos clave: as prazas MIR ofertadas, as que chegan a cubrirse e o persoal que fica no sistema público cando remata a formación. O conselleiro de Sanidade resalta que 101 de 120 profesionais que veñen de rematar a residencia en Primaria "continuarán vinculados ao Sergas", non necesariamente todos nos centros de saúde
Sanidade aclara expresamente ás empresas interesadas que nin sequera para as cirurxías de alta complexidade será preciso contar máis que cunha unidade de reanimación
A asociación QuerENDO ten en marcha unha pescuda co obxectivo de "loitar por melloras e dar visibilidade á situación real das doentes" e pide espallar un formulario en liña co que coñecer a experiencia das mulleres que padecen a enfermidade
A demanda de asistencia nos servizos de urxencias non deixa de medrar, en grande medida porque chegan doentes que non logran unha atención ordinaria nos seus centros de saúde
O último acordo asinado por unha década, que a empresa privada logrou renegociar á alza aos catro anos de vixencia, remataría o 31 de agosto, pero Sanidade aínda non actualizou a carteira de servizos a contratar e vese obrigada a prorrogalo