As ex-conselleiras Farjas e Mosquera xustifican coa COVID-19 a concesión do hospital de Vigo en 2011 criticada por Contas
Contas cifra en 710.000 euros o gasto en publicidade e protocolo na construción e inauguración do Álvaro Cunqueiro
Contas cifra en 710.000 euros o gasto en publicidade e protocolo na construción e inauguración do Álvaro Cunqueiro
Este domingo está convocada unha manifestación, na que se pide á cidadanía que acuda vestida de branco. Reclámase o regreso do servizo de urxencias (en Cangas dende a pandemia), o reforzo das ambulancias no Morrazo e a cobertura das vacantes.
Un xulgado de Pontevedra condena a Sanidade a indemnizar con 35.000 euros un mozo pola "mala praxe" ao atendelo dunha torsión dun testículo e advirte varios "supostos idénticos" noutros casos recentes. O paciente acudiu ao PAC de Silleda "cunha intensa dor testicular" e receitáronlle analxésicos e antiinflamatorios. Catro días despois, no CHUS de Santiago, ratificaron a torsión que obrigaba á extirpación
"Preparamos un plan de recursos humanos que agardamos ter ultimado no prazo dun ano, o obxectivo é contar cun mapa exacto de todos os recursos dos que dispoñemos ao longo do territorio, que nos permita facer unha proxección das necesidades asistenciais futuras e responder a elas con facilidade", afirmou o conselleiro de Sanidade na súa intervención no Parlamento
Este sábado a deputada ourensá do PSdeG Carmen Rodríguez Dacosta achegouse a un deses centros de saúde nos que non se están a cubrir as vacantes ou directamente non contan con pediatra, o do Pereiro de Aguiar, unha localidade en crecemento preto de Ourense na que 800 nenos e nenas teñen que desprazarse fóra para seren atendidos malia as promesas da Xunta.
A Consellería de Sanidade incide en que as funcións de supervisión dos residentes que acepten os contratos voluntarios para pasar consulta este verán "tamén se poden desenvolver na central de coordinación do 061", pois "a supervisión de presenza física só é obrigatoria nos residentes de primeiro ano" e estes médicos en formación xa están a piques de rematar o cuarto ano de especialización. A CIG-Saúde denuncia que as 243 prazas de médicas e médicos de atención primaria sen cubrir neste momento, sumadas ás necesidades de cobertura dos profesionais sanitarios durante as vacacións, fan que o problema da asistencia sanitaria no verán sexa imposible de resolver con medidas de última hora
O secretario xeral do PSdeG inicia en Castro de Rei, cun centro de saúde "pechado todo o verán", un periplo no que prevé acreditar a "realidade" de "cantos médicos faltan, se están cubrindo as baixas ou as vacacións". Sanidade esgrime o seu plan para cubrir a Atención Primaria no verán e reitera que, en última instancia, a responsabilidade da falta de persoal é do Goberno de España
Dende a entrada en vigor da lei, hai hoxe tres anos, o número de solicitudes para recibir a prestación de axuda para morrer (PAM) en Galicia foi de 75 (10 no ano 2021, 28 no ano 2022 e 37 no ano 2023). A asociación DMD critica a “excesiva duración” do procedemento
A xustiza reprocha ao Centro Médico El Carmen ao que foi de urxencia o afectado que o desviase ao CHUO sen facerlle ningunha proba, e ao hospital público que non o vise un urólogo, "cuxa presencia non resultaría extravagante ás dez da mañá dun luns"
O sindicato de enfermaría SATSE calcula que as camas pechadas serán unhas 784 e só unha área, a de Ourense, manterá todas abertas. As camas pechadas son algo máis do 10% das dispoñibles. Sanidade reitera, como en anos anteriores, que estarían dispoñibles se fosen precisas durante un período no que se concentran as vacacións, e subliña os seus plans para Primaria
O plan asinado polo Sergas non especifica quen asumirá a responsabilidade da supervisión dos médicos en formación en cada momento, mentres que o Ministerio implica a todos os profesionais dun centro na supervisión dos residentes. "Se se cumpre a supervisión, estes residentes estarán en centros grandes onde normalmente xa non se substitúe. Polo tanto, o que este plan pode aportar para resolver problemas é mínimo", explica Manuel G. Moreira, da CIG-Saúde