Unha multitude volve responder á chamada de SOS Sanidade Pública e esixe reverter a situación "crítica" no Sergas
Ducias de colectivos e as principais forzas políticas da esquerda secundan unha protesta na que a plataforma convocante asegura que a radiografía da sanidade pública galega amosa "a última fase do seu desmantelamento", co acento en aspectos como centros de saúde e PACs “inaccesibles e masificados”, falta de pediatras ou esperas de semanas para acceder á Atención Primaria