Máis de 130.000 pacientes do Sergas pasan das mans dunha multinacional estadounidense ás doutra francesa
O hospital privado Povisa é propiedade de Ribera Salud, ata agora controlada pola estadounidense Centene Corporation, que vén de vender as súas accións á francesa Vivalto Santé. A decisión atinxe tamén ao lucense Polusa e ao ferrolán Juan Cardona, que tamén teñen concertos co Sergas, pero non unha poboación de referencia asignada polo Sergas para suplir a atención pública, o que si sucede no centro vigués. Ribera mantén que non implica cambios neles.