Milleiros de persoas claman en Vilagarcía contra os recortes sanitarios e o abandono da Atención Primaria
Unhas seis mil persoas manifestáronse convocadas por SOS Sanidade Pública, nunha das marchas máis multitudinarias dos últimos anos na comarca. Denúnciase especialmente a falta de profesionais nos centros de saúde e PACs e a carencia de ambulancias.