Pola sanidade pública
A realidade desmente o soldo de 65.000 euros atribuído por Rueda aos médicos de familia
Profesionais, sindicatos e organizacións médicas acusan o presidente da Xunta de "mentir" sobre o salario para "botar a poboación enriba" do persoal ante a falta de efectivos. Testemuños e datos oficiais do propio Sergas sitúan a retribución moi por baixo do afirmado polo xefe do Executivo galego
Traballar máis horas e mellor pagadas: a receita do Sergas para un verán que prevé "moi complexo" na sanidade
A Consellería aposta por retribuír máis o exceso de xornada e a aqueles profesionais que atendan pacientes dun compañeiro ou dean servizo no rural para "compensar" o "esforzo" dos sanitarios ante a falta de persoal.
O Sergas prevé pechar unhas 600 camas durante o verán de 2022
As camas hospitalarias bloqueadas son arredor do 10% das dispoñibles e Sanidade vén reiterando que as abriría antes do previsto se fosen precisas
A Medicina Interna denuncia os "erros flagrantes" do Sergas ante a "saturación" e a falta de persoal
A Sociedade Galega de Medicina Interna apoia as protestas do persoal e propón varias medidas a Sanidade, á que acusa de non responder ante a "sobrecarga asistencial" e permitir que os máis novos marchen buscando mellores condicións.
A falta de ambulancias volve pór o foco nun modelo de transporte sanitario "perverso"
O traslado dun home grave en padiola e pola rúa ata un helicóptero por falta de vehículo sanitario no Rosal volveu situar no foco un sistema criticado pola oposición, que pide a súa xestión pública, e polo seu persoal.
A rebelión na Medicina Interna insiste na "sobrecarga", na escaseza de persoal e na "precariedade" no Sergas
Internistas piden unha reunión coa Xunta e advirten de mobilizacións e mesmo folga tras rexeitar o acordo que a Consellería anunciou cos xefes de servizo e os contratos con mobilidade. "Fan falta máis profesionais", aseguran.
- Entrevista | Erika Brenlla Pola sanidade pública
- Acontece
"A falta de médicos ten a sanidade coa soga ao pescozo; hai que mellorar xa as condicións e non poñer parches"
A sanitaria compostelá, presidenta da Asociación MIR España, advirte de que "a precariedade é o principal motivo polo que o persoal se afasta da Atención Primaria", logo de que España e Galicia non desen cuberto todas as prazas de formación para Medicina Familiar este ano.
Defensa da Sanidade censura o "populismo" dos pisos gratis para médicos en Sanxenxo no verán
"A solución á falta de persoal en Atención Primaria non pasa por medidas populistas, senón por un cambio na política que proporcione condicións laborais dignas e estables", advirte a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Sanxenxo e Xunta acordan ofrecer pisos gratis polo verán para atraer médicos de familia de fóra de Galicia
O Concello dará aloxamento gratuíto ao persoal facultativo que decida traballar entre xuño e setembro na localidade, que pode multiplicar ata por cinco a súa poboación, logo dun convenio asinado co Sergas.
Listas de espera "alarmantes", unidades "sobrecargadas" e "desasosego" de profesionais no ecuador do Plan de saúde mental
“Temos un aumento de lista de espera como non se viu nunca”, critican desde o Movemento Galego da Saúde Mental, que advirte do escenario “desalentador e preocupante” no Sergas, que non está a cumprir coa incorporación de profesionais anunciada por Feijóo en 2020. Sanidade trasladou este mes que levan 117 contratacións de persoal ao abeiro do Plan de Saúde Mental.
Salvemos a Atención Primaria
Xosé Mª Dios Diz